sábado, 1 de febrero de 2014

LA VIDA DE PI

Este ano tócalle á película "A Vida de Pi". Na materia de  Historia e Cultura das relixións tentaremos abordar unha análise crítica da película: sentido, personaxes, moralexas e comparativas, ao redor dun filme que se propón coma unha busca de Deus. Afondaremos no papel que xogan as relixións, o seu sentido e fundamento, a súa presenza na película e abordaremos o sentido da vida e o papel da verdade na comprensión do mundo. Toda unha tarefa filosófica.
Comenzamos co trailer:



Podedes seguir o traballo en:
analizandoavidadepi.blogspot.com

martes, 12 de noviembre de 2013

Blade Runner e a condición humana

A vida artificial
A reflexión sobre a natureza da vida artificial e a definición da humanidade estiveron sempre presentes tanto na literatura como na filosofía ou no cine. A relación do artificial coa inmortalidade e do humano co mortal inicia a reflexión acerca da busca do sentido da vida. Mitos fundamentales que dan orixen a esta reflexión son: O golem xudeo un autómata como os replicantes de Blade Runer, con emocións, sentimentos e experiencias que se desenrolan ata volvelo incontrolable: un individuo independente. Frankenstein é tamén unha creación humana que se volve ingobernable. Ambolos dous son produtos do orgullo humano: as personas xogando a ser Deuses producen algo que está máis aló das súas posibilidades de control. Algo autonomo, vivo.... humano?

A película
Blade Runner é a adaptación da novela de K. Dick ¿Soñan os androides con ovellas eléctricas? É unha adaptación libre, que sen embargo consegue transmitir o mesmo efecto que o libro. Rastrear a influencia dos símbolos relixiosos e a visión que da relixión se da e mais doado no libro que na pélicula. Nesta votase a faltar a obsesión das personaxes pola posesión de animais vivos (prácticamente extintos no futuro que se describe) e a súa vinculación coa relixión, que na novela se denomina mercerismo. De feito a relación que a personaxe principal, Deckart, ten con esa forma de relixiosidade, explica parte da súa relación cos androides e, por suposto, coa androide Rachel.
O Deckard de "¿Soñan os androides con ovellas eléctricas?" necesita a posesión dun animal real para establecer o seu estatus social, pero tamén para recoñecerse como humano (organico). O seu crecemento ao longo da novela fai que se replantexe esa definición de ser humano e, tralo encontro con Rachel, mata o único animal que posúe, unha ovella eléctrica, que comprara coas bonificacións pola captura de androides. 
A pélicula fai unha referencia vaga a esa relación cos animais e tódolos que aparecen son mecánicos. Aínda así logra comunicar a ambiguidade existente entre o humano, o mortal e o divino a través da dor dos replicantes e a paulatina identificación do espectador cunha forma de vida non orgánica. 
http://www.wsu.edu:8080/~brians/science_fiction/bladerunner.html sobre a novela que deu orixe á pélicula.

dialogos, escenas, fotos e música da pelicula. Ademais dunha análise das  distintas secuencias. 

Inicio
Imaxe da cidade dos Anxeles e do ollo que reflicte a cidade e o espacio no que se desenvolve a vida humana e artificial. A través dos ollos, moi importantes en todo o desenrolo do filme cáptase a diferencia entre o humano e o artificial.



As fotografías
Os replicantes foron creados con corpo de adultos, non teñen pasado. As fotografías que atesouran son a proba de que son humanos. Os humanos tamén gardamos fotografías de xeito que se convirten nun certificado dos nosos recordos, de que estes non son imaxinarios. A escena das fotografías serve como primeiro paso na identificación do espectador cos androides. A capacidade de empatía cos iguais irá crecendo a partires de aquí. A relixiosidade ten moito que ver coa busca de sentido e esta atópase en ocasións na comunidade cos outros.

Roy: Tempo, o suficiente. [ pausa ] ¿Conseguiche as túas preciadas fotos?
Leon: Había alguén alí.
Roy: ¿Homes? ¿Poli .... cías?
[ Roy e Leon camiñan lentamente cara o laboratorio de Chew ]


Soño co unicornio
Única referencia aos animais reais en toda a pélicula. O simbolismo do unicornio é múltiple, dende as referencias á vida organica como vida natural, ata o simbolismo deste animal no amor cortés.


Os androides visitan ao seu creador
Nesta escena Roy logra convencer a Sebastian “único home no mundo capaz de axudalos” debido á súa enfermidade (envellecemento prematuro), para que os leve a ver ao inxenieiro responsable da súa fabricación. O enfrontamento entre a criatura e o creador, xira en torno ás limitacións impostas arbitrariamente polo creador. A insuficiencia deste para remediar a situación, provoca a “morte do Deus”, neste caso física, aínda que o paralelismo co ateísmo está implícito.

[ Corte. Mansión de Tyrell. Aparece Tyrell na cama revisando uns informes.]
Tyrell: 66.000 Prosser e Ankovich. Hmmm ... Contrato. Contrato a ...
Computadora: Entrada. Un tal J.F. Sebastian 1-6-4-1-7.
Tyrell: ¿A estas horas? ¿Qué desexa vostede, Sebastian?
Sebastian: Raíña a álfil 6. Xaque.
Tyrell: Tonterías. Agarde un intre. Raíña a álfil 6. Ridículo. Reina a álfil 6. Hmmm .... Cabalo por raiña. [ pausa ] ¿Qué pasa, Sebastian? ¿En qué está pensando?
Roy: [ Susurrando a Sebastian ] Álfil a rei 7. Xaque.
Sebastian: Álfil a rey 7. Xaque mate.
Tyrell: Iluminouselle o cerebro, ¿eh? O leite e os doces manteñeno esperto, ¿eh? Imos discutilo. Será mellor que suba, Sebastian.
[ascensor con Roy Batty subindo cara o máis alto do edificio para atopar se co seu creador]
Sebastian: ¿Sr. Tyrell? Trouxen un amigo.
Tyrell: Sorprendeme que non teñas vido antes.
Roy: Non é doado coñecer ao teu creador.
Tyrell: ¿E qué pode facer el por ti?
Roy: ¿Pode o creador reparar o que fixo?
Tyrell: ¿Gostariache ser modificado?
Roy: ¿E quedarme aquí? [ pausa ] Pensaba nalgo máis radical.
Tyrell: ¿Qué? ... ¿Qué che preocupa?
Roy: A morte.
Tyrell: ¿A morte? Temo que iso está fora da miña xurisdicción, ti ...
Roy: Eu quero vivir máis, pai.
Tyrell: A vida é así. Facer unha alteración no desenrolo dun sistema orgánico de vida é fatal. Un programa codificado non pode ser revisado unha vez establecido.
Roy: ¿Por qué non?
Tyrell: Porque ao segundo día de incubación, calquera célula que se someteu a mutacións de reversión acada unhas pautas de retroceso, como as ratas que abandonan o barco, que vai fundir, e despois o barco afunde.
Roy: ¿Qué hai da recombinación EMS?
Tyrell: Xa o tentamos. O Etil Metano Sulfato é un axente alcalino e un poderoso mutante. Creaba un virus, tan letal que o individuo morría antes de que acabara a operación.
Roy: Entón unha proteína represora que bloquee as células operantes ....
Tyrell: Non impediría a duplicación, pero levaría a un erro na réplica que fai que o ADN recén formado leve consigo unha mutación. E así chegamos de novo ao virus, pero isto só é teoría. Ti fuches formado o máis perfectamente que era posible.
Roy: Pero non para durar.
Tyrell: A luz que brila co doble de intensidade dura a metade de tempo. E ti brilaches con moitísima intensidade, Roy. Mírate. Eres o fillo pródigo. Eres todo un premio.
Roy: Fixen cousas malas.
Tyrell: E tamén cousas extraordinarias. Goza do teu tempo.
Roy: Non farei nada polo que o deus da biomecánica me impida a entrada no seu ceo.
[ Roy bica a Tyrell na boca. Colle a súa su cabeza entre as mans, aplasta o cráneo e afundelle os polgares nos ollos.]


 Escena final
A escena máis reveladora de toda a película. O proceso de identificación co humano artificial remata. A morte é o elemento unificador. A pregunta polo sentido é a mesma para homes e máquinas intelixentes. A intelixencia superior do androide tamén o fai superior en moralidade (salva a vida do seu perseguidor nun acto de empatía) disociando así a moralidade da busca do sentido (relixiosidade)



[ Despois que Deckard mata a Pris na loita con Roy este rompe unha parede coa súa cabeza. Na outra habitación atopase Deckard ]
Roy: Será mellor que fuxas ou vou ter que matarte. A menos que estéas vivo non podes xogar, e se non xogas .... 
[ Roy tuse esgotado. Deckard colle unha barra de metal ]
Roy: Seis, sete. ¡Ir ao inferno, ir ao ceo!
[ Deckard golpea a Roy coa barra ]
Roy: ¡Ir ao inferno! ¡Ben, así me gusta!
[ Deckard trepa pola fachada do edificio. Roy aúlla ]
Roy: Isto doe. Foi algo irracional. Sen mencionar o comportamento antideportivo. [ Roy rí ao ver que Deckard trepa ata a azotea ] ¿Ónde vas?
[ Deckard chega á azotea e tenta saltar ao outro edificio, pero non é que e queda colgado dunha viga co baleiro aos seus pes. Roy colle unha pomba branca e observa o sufrimento de Deckard]
Roy: É toda unha experiencia vivir con medo, ¿verdade? Iso é o que significa ser esclavo.
[ Deckard cae, pero Roy consegue suxeitalo no último momento. Levantao e deixao sobre a azotea]
Roy: Eu vin cousas que vos non creeriades. Atacar naves ardendo máis aló de Orión. Vin Raios-C brilar na escuridade cerca da Porta de Tannhäuser. Todos eses momentos perderanse no tempo como bágoas na choiva. É hora de morrer.
[ Roy morre. A pomba branca sae voando cara o ceo ]
Deckard (voice-over): Non séi por qué me salvou a vida. Quizáis neses derradeiros intres amaba a vida máis do que a tiña amado nunca. Non só a súa vida; a vida de todos, a miña vida. Todo o que él quería eran as mesmas respostas que todos buscamos: de ónde veño, ónde vou, cánto tempo me queda. Todo o que eu podía facer era sentarme alí e velo morrer.

Comentarios
Ao longo da película atopamos moitas escenas relacionadas cos ollos e a mirada. O ollo co que comeza a película (na versión non comercial) é o espello do mundo e garda moita similitude co Ollo de Deus símbolo relixioso, que tamén da título a outra novela sobre a morte de P. K. DicK. O ollo é tamén o que permite diferenciar ao humanos dos que non o son e son o principal obxecto de deseño para os androides que se pode ver no filme: os deseños de Chew, Pris e Roy xogando cos ollos de broma na casa de Sebastian. Tamén son o principal xeito de matar dos replicantes: León tenta matar a Deckard quitandolle os ollos e Roy mata a Tyrel do mesmo xeito, como se con esta acción quixeran despoxalos da súa humanidade. A propia reflexión de Roy ao final da película “Eu teño visto cousas que non creeriades” alude á vinculación entre mirada e experiencia vital.
Ao inicio da película e despois da imaxe do ollo vense exploxións de lume na cidade , dende este momento o lume estará presente ao longo da película tanto como símbolo de morte e destrucción como de beleza e vida. Varios replicantes morren queimados na súa fuxida á Terra. A luz que se reflicte nos ollos dos replicantes á medida que avanza a película e que esmorece no momento da morte, simboliza o lume interno da vida. O propio Tyrell ao falar con Roy usa a métafora para xustificar a mortalidade: A luz que brila co doble de intensidade dura a metade de tempo.

A caracterización das personaxes tamén manifesta un claro simbolísmo. A cor loira dos cabelos dos androides manifesta a súa relación cos deuses (Na mitoloxía nordica as persoas loiras eran consideradas fillos de deuses). Rachel, en embargo ten o cabelo castaño e a súa evolución ao longo do filme vaina convertendo en humana, ao mesmo tempo que cambia o seu aspecto exterior (abandona o peiteado e a maquillaxe sofisticada).
O Unicornio é unha figura que atravesa todo o filme veces na montaxe do director: nunha ocasión sae no sono de Deckard, noutra o policia Gaff fai un de papel e ao final Rachel atopao no apartamento de Deckard e dálle co pe ao ir para o ascensor. O simbolismo desta figura é moi controvertido pero debése ter en conta na súa interpretación que é un animal mitolóxico que non podía, segundo a lenda, manterse en cautividade porque morría. Simboliza así a liberdade que buscan replicantes e humanos. A aparición deste animal no sono de Deckard fai pensar que el tamén é un replicante que non sabe que o é, ao igual que Rachel. Cando Gaff fai o unicornio semella afirmar esta hipótese, pero tamén pode entenderse que lle ofrece a Deckard a liberdade para Rachel.
Toda a película se centra no medo á morte, un medo moi humano baseado na conciencia da infinitude. O enfrontamento entre máquina e home (creatura e creador) non é só en Blade Runner o plantexamento da máquina que non pode controlar o home, senón que plantexa unha alegoría relixiosa mostrandonos ao creador como o único obstáculo para conseguir a inmortalidade. Este enfrontamento entre Deus e home se representa, en forma simbólica, no enfrontamento entre Tyrel e o androide Roy. Tras a morte da deidade, cando o androide baixa no ascensor vese o ceo estrelado sobre a súa cabeza, que simboliza a infinitude do universo en comparación coa finitude da vida humana. A morte de Deus libera ao home para enfrontarse á realidade da súa morte.
Na escena final Roy colle unha pomba branca que, cando morre, marcha voando entre os edificios cara o ceo aberto, simbolizando a alma que fuxe do corpo, nun claro anhelo de inmortalidade. As referencias simbólicas da pomba dentro do mundo da relixiosidade son múltiples: no cristianismo simboliza ao Espíritu Santo (a racionalide, a intelixencia e a fe) e uniersalmente é o símbolo da Paz



miércoles, 6 de noviembre de 2013

MATRIX FILOSOFÍA E CINE

Na aula virtual poderemos seguir o curso de Filosofía I (FILONEXOS). A triloxía Matrix servirá de fío condutor das ideas e o pensamento ao longo da historia. Analisaremos a través dela a definición do "Real", as posibilidades da "Liberdade", "a Condición Humana" e o papel da "Tecnoloxía" na historia e no mundo actual.




lunes, 30 de septiembre de 2013

Nietzsche, Nihilismo e perda de sentido

Imos tentar rastrear a presencia do nihilismo e o relativismo moral no filme. Primeiro repasando as escenas. Despois comparandoas con textos filosoficos. Por último facendonos preguntas que agardo von fagan falar, comentar ou despotricar.... Todo vale para comezar a pensar.

A carencia de valores Nietzsche afirma que a crise de valores que supón a perda da fé e dos valores tradicionais, supón buscar alternativas diferentes aos valores utilitaristas da nosa sociedade. A moral da utilidade é unha moral de escravos. Nietzshe di "As propiedades que serven para aliviar a existencia de quen sofre póñense de manifesto inundadas de luz: é a compaixón, a man afable e auxiliadora, ao corazón cálido, a paciencia, a humildade ao que aquí se honra, pois estas son as propiedades máis útiles e case os únicos medios para soportar a presión da existencia. A moral de escravos, no esencial é unha moral da utilidade". F. Nietzsche: Máis alá do ben e do mal.

 Nesta escena da película pódese ver a que nos referimos:
 ¿Que propósito ten a vida segundo Renton? ¿Porque dí que sempre ten que reptir a mesma historia? Vivir sen que os nosos actos teñan utilidade fainos vivir a vida ao carón do abismo. Esa posición é unha posición sen saída que nos introduce nun círculo sen fin. Renton di que algunha vez tiña que remata, e remata coa súa detención. ¿Será que a sociedade non admite as vidas sen utilidade? ¿Ti que pensas?
A naúsea Unha visión da existencia sen sentido produce a náusea, dirá o existencialista Sartre.



A escena exemplifica o que unha persoa en estado de desesperación pode chegar a facer. Ese estado de desesperación toma como metáfora un baño escocés porco e denigrante, que expresa o sensentido da existencia de Renton. Renton senta no inodoro mostrando na súa expresión todo o asco e a náusea que sente. Do mesmo xeito a auga limpa na que Renton nada significa a esperanza nunha vida mellor (o rescate das drogas perdidas no inodoro). ¿Poderán as drogas suplir o sensentido da existencia? ¿a costa de que? Pagar ese prezo non significa perder a capacidade creadora do ser humano, repetindo o mesmo unha e outra vez?


Todo é gratuíto: ese xardín, esta cidade, eu mesmo. Cando un chega a comprendelo, revólveselle o estómago e todo comeza a flotar (...) eso é a Náusea; eso é o que (...) tratan de agocharnos coa súa idea de dereito. Pero qué pobre mentira; ninguén ten dereito; eles son enteiramente gratuítos, como os outros homes: non logran non sentirse de máis. E en si mesmos secretamente, están de máis, é dicir, son amorfos e vagos, tristes. J. P. Sartre: A náusea.
Mais aló do ben e do mal A Nietzsche chamóuselle o "filósofo da sospeita" por ter denunciado unha moral tradicional que agochaba o regreso do home a conformismos moi pouco morais, alleos ao home terreal: a moral da renuncia e a utilidade. A moral dos seres constructores debe ser unha moral que se sitúe máis aló do ben e do mal. O reto de Nietzsche é !Atrévete a gozar!


¿É Renton unha personaxe Nietzcheana? ¿Que representa o Camelo, o León ou o neno?

<em>Indicareivos as tres metamorfoses do espírito; o espírito en camelo, o camelo en León, o león en neno. Moitas cargas pesadas ten o espírito; para o espírito paciente e vigoroso en que domina o respecto. O seu vigor reclama a carga pesada, a mais pesada. O espírito pesado pregunta: “ que hai de máis peso” e axeonllase  como o camelo e quere unha boa carga. (...)
A máis terrible conquista para  un espírito paciente e respectuoso e a de conquistar o dereito a crear novos valores. En verdade, este é para el un acto feroz, o acto dun animal de presa. Noutros tempos amaba o “ti debes”como o seu máis sagrado ben, agora elle preciso atopar a ilusión e o arbitrario, mesmo neste ben, o máis sagrado, para que realice a  costa do seu amor a conquista da liberdade: para semellante fazaña é preciso un león.
Mais, decídeme irmáns meus, ¿que pode facer un neno que non poida facer un león? ¿por qué é preciso que un león raptor se converta en neno? O neno é inocente e esquece; é unha primavera e un xogo, unha roda que xira sobre si mesma, un primeiro movemento, unha santa afirmación. ¿Oh irmáns meus Unha santa afirmación é precisa para o xogo divino da creación. Quere agora o espírito a súa propia vontade; o que perdeu o mundo, quere gañar o seu propio mundo.</em>    F. Nietzsche <em>Así falou Zaratustra.</em>

miércoles, 18 de septiembre de 2013

Comeza o curso

Comeza o curso. Durante os meses de Setembro a Xuño percorreremos as diferentes etapas da humanidade, investigando e afondando na orixe dos diferentes conceptos  filosóficos, éticos e políticos da humanidade: igualdade, liberdade, autonomía, vontade, razóns e  emocións, empatía, solidariedade.... Durante este curso aprenderemos a poñer os nosos coñecementos a disposición da comunidade educativa, a comunicalos publicamente a través das redes de comunicación (dixitais, informais, expositivas...). Este esforzo require que exercitemos o noso pensamento crítico, pero tamén a nosa capacidade de aplicar este pensamento á nosa vida práctic.

Este blogue é un espazo de interacción para elaborar entradas, realizar comentarios, enquisas, aportar ideas.... Sempre sobre conceptos éticos tanto na historia, como no cine, no arte, na publicidade ou na vida cotiá.