lunes, 30 de septiembre de 2013

Nietzsche, Nihilismo e perda de sentido

Imos tentar rastrear a presencia do nihilismo e o relativismo moral no filme. Primeiro repasando as escenas. Despois comparandoas con textos filosoficos. Por último facendonos preguntas que agardo von fagan falar, comentar ou despotricar.... Todo vale para comezar a pensar.

A carencia de valores Nietzsche afirma que a crise de valores que supón a perda da fé e dos valores tradicionais, supón buscar alternativas diferentes aos valores utilitaristas da nosa sociedade. A moral da utilidade é unha moral de escravos. Nietzshe di "As propiedades que serven para aliviar a existencia de quen sofre póñense de manifesto inundadas de luz: é a compaixón, a man afable e auxiliadora, ao corazón cálido, a paciencia, a humildade ao que aquí se honra, pois estas son as propiedades máis útiles e case os únicos medios para soportar a presión da existencia. A moral de escravos, no esencial é unha moral da utilidade". F. Nietzsche: Máis alá do ben e do mal.

 Nesta escena da película pódese ver a que nos referimos:
 ¿Que propósito ten a vida segundo Renton? ¿Porque dí que sempre ten que reptir a mesma historia? Vivir sen que os nosos actos teñan utilidade fainos vivir a vida ao carón do abismo. Esa posición é unha posición sen saída que nos introduce nun círculo sen fin. Renton di que algunha vez tiña que remata, e remata coa súa detención. ¿Será que a sociedade non admite as vidas sen utilidade? ¿Ti que pensas?
A naúsea Unha visión da existencia sen sentido produce a náusea, dirá o existencialista Sartre.



A escena exemplifica o que unha persoa en estado de desesperación pode chegar a facer. Ese estado de desesperación toma como metáfora un baño escocés porco e denigrante, que expresa o sensentido da existencia de Renton. Renton senta no inodoro mostrando na súa expresión todo o asco e a náusea que sente. Do mesmo xeito a auga limpa na que Renton nada significa a esperanza nunha vida mellor (o rescate das drogas perdidas no inodoro). ¿Poderán as drogas suplir o sensentido da existencia? ¿a costa de que? Pagar ese prezo non significa perder a capacidade creadora do ser humano, repetindo o mesmo unha e outra vez?


Todo é gratuíto: ese xardín, esta cidade, eu mesmo. Cando un chega a comprendelo, revólveselle o estómago e todo comeza a flotar (...) eso é a Náusea; eso é o que (...) tratan de agocharnos coa súa idea de dereito. Pero qué pobre mentira; ninguén ten dereito; eles son enteiramente gratuítos, como os outros homes: non logran non sentirse de máis. E en si mesmos secretamente, están de máis, é dicir, son amorfos e vagos, tristes. J. P. Sartre: A náusea.
Mais aló do ben e do mal A Nietzsche chamóuselle o "filósofo da sospeita" por ter denunciado unha moral tradicional que agochaba o regreso do home a conformismos moi pouco morais, alleos ao home terreal: a moral da renuncia e a utilidade. A moral dos seres constructores debe ser unha moral que se sitúe máis aló do ben e do mal. O reto de Nietzsche é !Atrévete a gozar!


¿É Renton unha personaxe Nietzcheana? ¿Que representa o Camelo, o León ou o neno?

<em>Indicareivos as tres metamorfoses do espírito; o espírito en camelo, o camelo en León, o león en neno. Moitas cargas pesadas ten o espírito; para o espírito paciente e vigoroso en que domina o respecto. O seu vigor reclama a carga pesada, a mais pesada. O espírito pesado pregunta: “ que hai de máis peso” e axeonllase  como o camelo e quere unha boa carga. (...)
A máis terrible conquista para  un espírito paciente e respectuoso e a de conquistar o dereito a crear novos valores. En verdade, este é para el un acto feroz, o acto dun animal de presa. Noutros tempos amaba o “ti debes”como o seu máis sagrado ben, agora elle preciso atopar a ilusión e o arbitrario, mesmo neste ben, o máis sagrado, para que realice a  costa do seu amor a conquista da liberdade: para semellante fazaña é preciso un león.
Mais, decídeme irmáns meus, ¿que pode facer un neno que non poida facer un león? ¿por qué é preciso que un león raptor se converta en neno? O neno é inocente e esquece; é unha primavera e un xogo, unha roda que xira sobre si mesma, un primeiro movemento, unha santa afirmación. ¿Oh irmáns meus Unha santa afirmación é precisa para o xogo divino da creación. Quere agora o espírito a súa propia vontade; o que perdeu o mundo, quere gañar o seu propio mundo.</em>    F. Nietzsche <em>Así falou Zaratustra.</em>